" Quen non embarca
non se marea"

Sinxelo
Non traballamos para ti, traballamos contigo.
Somos persoas.
Os principios primeiro.
Deseño web
Un espazo dixital para o teu proxecto.
Sabías que o deseño web require de moitísimas disciplinas? Realmente é apaixoante!
Para levar o teu proxecto a unha pantalla dixital recorremos moitos camiños. E moitos de estos camiños deben ir contigo da man. Por iso deseñamos contigo!
Pasaremos pola parte estructural para ensinar todo dun xeito ordenado, faremos incapé na tua imaxe corporativa para que quede clariño que es ti e por último poremos en valor o teu produto ou servizo para que non haxa excusa.

Fotografía de produto
Cando unha imaxe vale máis que mil palabras
A fotografía de producto é unha parte fundamental dun negocio actual na era dixital. Tanto para a tua tenda online, redes sociais ou catálogo de produtos, mostrar unha imaxe profesional é a clave para que os clientes confíen no teu negocio.
Como non, a función dunha boa fotografía de produto é ademáis resaltar o teu producto de tal xeito que enamore a primeira vista.
Qué riquiños ...
Detrás de todo isto están
as persoas
.
O noso obxetivo principal básase en ser o teu “apoio dixital” e que poidamos ser cómplices e protagonistas da construcción do teu proxecto. Poder ofrecerche a solución axeitada no momento xusto e que entendas en que punto te atopas para que poidas decidir con seguridade.

Eva Santos . Comercio electrónico e marketing.
Sen ela esto sería un caos. É metódica e a súa cabeza é como unha base de datos do coñecemento. Todo o sabe, e se non, rebuscará en mil universos ata atopar a resposta. É unha especialista do mundo do comercio electrónico, base fundamental dos produtos de AgruoStudio.

Iago Lorenzo . Deseño web, fotografía e imaxe.
A cabeza non lle para, ás veces parece un botafumeiro. Gústanlle os cacharriños e cacharrear. Sempre está pegado ao lápis dixital pois é quen se encarga da parte máis gráfica e visual. Tamén é informático pero eso non o quere dicir.
