Sempre é bo dubidar para mellor atinar.
Vivimos nunha época na que “o inmediato” é o que caracteriza o día a día. Este concepto ten como resultado a inflexibilidade. Fuxir de esta norma na medida do posible é parte da nosa filosofía de traballo e tamén o que nos fai gozar da nosa profesión. Iso sempre ten como resultado un bo traballo que comprace a quen conta con nós.
A diferenza está en se vas a realizar algún tipo de venta, productos ou servizos, a través da páxina web. Ten en conta que sempre podes dispoñer da tua páxina web e engadirlle o módulo de venta online.
Moi sinxelo!
Unha tenda online é todo un sistema orientado dende 0 á venta de productos e servizos. Todalas funcionalidades e ferramentas do sistema enfócanse ao comercio electrónico dando moitas facilidades na xestión da tenda online, clientes productos, stocks, etc. O exemplo máis característico é unha tenda online de moda.
Por outro lado, a páxina web co módulo de venta online está orientado a unha páxina web informativa que ademáis necesita vender a través de esta algún tipo de producto ou servizo, e polo tanto necesita certas ferramentas propias da venta online. Un exemplo pode ser esta mesma. É unha páxina onde informamos dos nosos servizos dunha maneira moi visual, e que ademáis permitimos levar a cabo a adquisición de estos a través da web.
Non tes de que preocuparte. O millor é que falemos.
Cóntasnos en que punto te atopas e hacia onde queres ir. Nos, basándonos na experiencia, aconsellámoste de tal xeito que o camiño sexa o máis sinxelo posible.
O servizo de mantemento técnico dunha páxina web non é un requisito obrigatorio para a túa web, pero si recomendable.
Unha das dificultades coas que se atopan as persoas que teñen unha páxina web para o seu proxecto ou negocio é que ésta queda desactualizada pasado un tempo. É máis, en algúns casos, pode incluso deixar de funcionar correctamente.
O servizo de mantemento técnico resolve este problema, mantendo o teu sitio web sempre actualizado e completamente optimizado.
O servizo de mantemento técnico está incluído sen coste algún nas suscripcións mensuais á páxina web ou tenda online en calquera das modalidades, pero na de “pago único”, este servizo debe engadirse a maiores e incluirá un custo mensual indicado na páxina de producto de este servizo.
Por suposto que non. Nin nós nin ninguén pode garantir algo así.
Somos ligazón dixital entre o teu negocio e o teu potencial cliente, creamos a ferramenta cumprindo todolos estándares e últimas tecnoloxías para que poidas chegar aos teus clientes. Pero segues sendo ti quen leva o timón do teu negocio e o teu produto.
Iso non quita que non che poidamos aconsellar para acadar unha mellor presencia e ter a seguridade de que o estás facendo ben.
AGRUOSTUDIO naceu especialmente orientado a pequenas empresas e comercios, polo que buscamos que todo sexa sinxelo e accesible. Sen líos, sen límite de produtos, sen prezo por foto…
Os nosos clientes, pequenos pero grandes en ilusións e esforzo, buscan fotografía de produto, publicitaria ou corporativa para as súas web sen arruinarse no intento. Cada un coas súas peculiaridades e necesidades específicas. E iso é exactamente o que temos que ofrecer: un servizo de fotografía profesional, ó alcance da maioría, adaptado e sen letra pequena. ¡Porque os principios sempre foron o primeiro!
Estamos abertos a todas as posibilidades :-), pero temos experiencia en sectores como: moda e complementos, artesanía, alimentación, xoiería, mobiliario e decoración, fogar e menaxe, ferramentas e bricolaxe, hostalería e turismo…
Non cobramos por foto, cobramos por sesión.
Cada cliente ten un produto distinto e unhas necesidades/expectativas distintas. Hai clientes que buscan sacar foto do maior número de produtos posibles en unha sesión, sen dar tanto peso ó detalle. Pola contra, hai outros clientes que o que buscan é precisamente o detalle.
Por todo isto, vemos inxusto (e complicado) cobrar por foto. Antes de contratar o servizo falaremos contigo para saber que tipo de produto desexas fotografiar, que necesidades específicas precisas cubrir e que resultado buscas. En función de todo iso, calcularemos as sesións necesarias e o prezo final.
Si. O servizo de fotografía de produto inclúe a sesión fotográfica, a edición posterior das fotos e a entrega das fotos finais no formato que nos solicites e coas dimensións que precises. As imaxes estarán adaptadas a SEO, a cada web e a cada cliente.
Por norma xeral, desprazámosnos ó teu negocio con todo o material de fotografía necesario e realizamos a sesión de fotografía in situ. Deste xeito, evitamos complicacións de loxística e poderás comprobar a evolución da sesión no momento. Non obstante, en función do tipo de produto, se o prefires, podes facernos chegar os teus artículos para realizar a sesión no noso estudio.
Por suposto! Contacta con nós.
Cóntanos a que te dedicas e cal é o teu obxectivo e recomendarémosche a/s opción/s que vemos mais adecuadas para ti. Sen compromiso e sen complicacións.
Podes falar con nós a través de teléfono, correo electrónico, Whatsapp ou deixándonos unha mensaxe a través da nosa web.
Si, facemos fotografía con fondo branco (válida para vender en marketplaces como Amazon) e tamén fotografía en contexto, bodegóns, etc.
Por suposto, se así o desexas, antes de realizar a sesión podemos enviarche algunha imaxe de outros traballos previos para que nos valides o estilo e resultado que buscas. Incluso, se o prefires, podes facernos chegar un artículo e enviámosche unha fotografía de proba.
Pero non só iso, normalmente desprazámosnos ó cliente para realizar as fotografías, polo que poderas seguir todo o proceso en persoa para comprobar a evolución do traballo.
Si, os dereitos de explotación das imaxes serán teus no momento en que se abone o importe da factura.
A duración aconsellable de un vídeo corporativo ou publicitario é de 1 a 2 minutos. A duración pode variar en función do uso que teñas previsto darlle. Se vas a publicar o vídeo na túa web admitirá unha duración mais longa, pero para as redes sociais debe ser mais curto.
Por ese motivo, na nosa web poderás mercar vídeos de 30 segundos, 1 minuto ou 2 minutos.
Se che interesa un vídeo mais longo non dubides en contactar con nós e farémosche un presuposto a medida.
A realización dun vídeo é unha labor creativa e, polo tanto, nunca hai dous vídeos iguais. Consideramos que as conversas previas á gravación teñen unha importancia primordial. Antes de realizar a sesión de gravación falaremos contigo para acordar o estilo, a mensaxe que queres dar, a quen vai dirixido, o guión, etc.
En AGRUOSTUDIO entendemos o noso traballo como un proceso colaborativo. É dicir, a nosa intención é sempre que esteas “presente” en todo o proceso e trataremos contigo todos os detalles necesarios para que o resultado final sexa 100% do teu agrado.
Por suposto. ¡Viva a creatividade! Cóntanos a túa idea e, sempre que sexa técnicamente viable, estaremos encantados de levala a cabo.
Escolles o servizo máis axeitado para ti. Unha vez escollido e levado a cabo o proceso de compra queda pendente de aprobación.
Unha vez aprobado lévase a cabo o cobro e executamos o proxecto.
¡O pago de toda a vida!
O pago único é un cobro pola cantidade indicada no proceso de compra. Non hai cargos mensuales nin anuales polo servizo contratado sempre e cando non se engada á compra algún servizo con pago mensual.ado.
Unha sucripción é un método de adquisición de servizos que permite pagar mensualmente unha cantidade a cambio de dispoñer do producto.
Podes dispoñer do producto ou servizo mentras estás sucrito a dito producto ou servizo.
A suscripción para o deseño dunha páxina web ou tenda online está suxeita a unha permanencia que podes consultar nos detalles do pack a contratar.
O motivo de esta permanencia non é outra que garantizar o custo polo desenvolvemento da páxina web
Unha vez superado o tempo de permanencia establecido dunha páxina web ou tenda online, o prezo da suscripción axustarase automáticamente ao coste establecido polo servizo de mantemento técnico .
Asimesmo, previa comunicación, podes prescindir de todos os nosos servizos e non continuar, polo tanto, suxeito a calquera suscripción.
Ten en conta que o hosting e o dominio, no caso de estar rexistrados a través de AGRUOSTUDIO, son servizos fundamentais para que a páxina web continue operativa.
Podes ver a páxina de suscripcions onde detallamos dun xeito un pouco máis detallado este método.
Por suposto que non. Podes contactar con nós a través de calquera dos medios que temos dispoñibles para este fin, escollemos o servizo que máis se axusta a ti e comezamos a traballar!