O Goberno aprobou o Programa Kit Digital, co obxectivo de subvencionar a implantación de solucións dixitais para acadar a madurez dixital nas empresas. Financiado con fondos europeos “Next Generation EU” dentro do “Plan de Recuperación Transformación y Resilencia”, o Kit Digital está dirixido a empresas, microempresas e autónomos, de calquera sector ou tipo de negocio.
A partir dun bono dixital, as empresas poderán acceder ás solucións de dixitalización que ofrecen as empresas dixitalizadoras certificadas que posúan a certificación de software homologada.
AGRUOSTUDIO é unha de esas empresas homologadas polo Ministerio de Asuntos Económicos y transformación digital que, por un cumprir unha serie de requisitos, pode ofrecerche distintas solucións de dixitalación para a tua empresa.
¿Cales son as nosas solucións de dixitalización?
Desenvolvemento de páxina web
Aquí comeza todo. Un desenvolvemento de imaxe dixital óptimo. Queremos que a túa imaxe dixital se identifique ao 100% coa tua marca e polo tanto un deseño web en coherencia con todo aquelo que che representa, a ti e á tua marca.
Comercio electrónico
Se ademáis queres levar o comercio ao universo dixital dispoñemos de solucións adaptadas ás tuas necesidades. Tanto se te inicias no mundo do ecommerce como se necesitas solucións avanzadas.
Software de xestión ERP
A día de hoxe, e para acadar un punto de dixitalización axeitado é necesario interconectar todas as ferramentas con un software de xestión que automatice e xestione procesos do teu negocio. Dende o inventario ou facturación a unha xestión de clientes.
Marketing dixital e redes sociais
E para que todo isto teña éxito temos que chegar ao noso cliente obxetivo traballando os puntos clave do marketing dixital. As redes sociais e os seus sistemas de publicidade.
¿Cando e como teño que facer a solicitude?
As solicitudes atenderanse pola administración correspondente en orde de presentación polo que aconsellamos que, independetemente da data de apertura do prazo de solicitude do grupo ao que pertence o teu negocio, contactes connosco para darche indicacións polo miudo.
¿Se necesito máis información?
Podes acceder á nosa páxina adicada ao Kit Digital e por suposto contactar connosco para asesorarte e acompañarte en todo o proceso