Pero esta vez será polo recente traballo levado a cabo para o colectivo. Un traballo audiovisual cunha intención promocional amosando a filosofía de Creativas Galegas. Unha filosofía de respecto. Respecto polo mundo que nos rodea, por tódolos seres que o compoñen e habitan en el, respecto por nós e polos que están por vir. Un brindis pola cultura, a creatividade, o feito a man e co corazón. O prevalecer do emocional fronte o material.
Nós, os que conformamos AGRUOSTUDIO, sentímonos coma na casa traballando para Creativas Galegas. E iso nótase no resultado.
Queremos tamén facer fincapé na maravillosa composición e interpretación musical responsabilidade de Celia Pía.
Agardamos que sexa do voso agrado.