Creativas Galegas, o gran proxecto
Esta cooperativa galega de creativas, da que tamén somos membros, confía en nós para levar a cabo o deseño e desenvolvemento do seu marketplace.

¿Quen é Creativas Galegas?

Creativas Galegas é unha entidade de economía social, unha Sociedade Cooperativa Galega sen ánimo de lucro.

É unha marca paraugas que reúne, acolle, impulsa e dá visibilidade a profesionais do eido cultural galego: creativos, artesáns, artistas escénicos e selectos produtores, que crean e deseñan en Galicia, produtos e servizos de calidade.

Os seus valores son de axuda e mellora mutua, responsabilidade e corresponsabilidade, igualdade, equidade, solidariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade e preocupación polas persoas.


¿Cal é a finalidade de Creativas Galegas?

Unirse baixo o amparo dunha única marca, nunha única entidade empresarial, co fin de conseguir logros comúns como:

Poder de negociación grazas a unha negociación colectiva.

Mais visibilidade e tráfico de clientes obxectivos aos nosos espazos de venda pola suma de forzas e recursos de todas as persoas do colectivo.

Competir no mercado co noso produto artesanal fronte ao produto importado.


O Mercado Galego da Creatividade

No número 36 da Rúa da Caldeirería (Santiago de Compostela) atópase dende decembro de 2019 o Mercado Galego da Creatividade, un espazo físico impuslado polo colectivo que reúne ás múltiples propostas de arte, deseño, artesanía, moda, obradoiros e eventos culturais.


O Mercado 2.0


Creativas Galegas e AGRUOSTUDIO únense para o que será o seu novo espazo dixital.

Agora, Creativas Galegas confía en nós no que será o primeiro paso no seu proceso de dixitalización. Un sistema web basado en marketing dixital, comercio electrónico e xestión do colectivo.

O sistema desenvolto está preparado dende o primeiro momento para unha correcta escalabilidade. Sabemos que Creativas Galegas, e as marcas asociadas medrarán con este novo impulso e por iso deixamos unha plataforma aberta a novas integracións e ampliacións.

Para nós este desenvolvemento é moi especial porque somos parte de Creativas Galegas dende o seu comezo como marca asociada. Esta vez fomos os responsables de levar este gran proxecto ao mundo dixital, e con el o produto, a cultura e a creatividade galega..

Creativas Galegas, o gran proxecto
(AGRUOSTUDIO) Iago Lorenzo Castaño, Iago Lorenzo Castaño 28 xullo, 2022
Comparte esta publicación
arquivo
Sign in to leave a comment
Maravillas moda
Hoy os contamos la historia de este establecimiento ubicado en Madrid con un gran producto, calidad y dedicación.