É hora de rematar o ano é facer análise, autocrítica e pensar no futuro. Un futuro para algúns incerto e para outros motivador e esperanzador. Nós quedámonos con esto último porque nada nos fai máis ilusión que abrir novas portas, novos camiños e deixar atrás a treboada. Porque vivir é elixir.
Para AGRUOSTUDIO este foi un ano no que medramos a pasos axigantados, en gran parte gracias vós, a persoas apaixoadas con proxectos ilusionantes que depositáchedes a vosa confianza en nós para facelos realidade.
O Apalpador trae agasallos aos nenos e a nós tróuxonos un ano cheo de aprendizaxe e ilusións compartidas. A nosa labor permítenos traballar con persoas de distintos eidos, que traen ao seu carón ideas de tódalas cores: artísticas, artesanais, grandes, pequenas, técnicas, emocionais, tolas, sensatas… . A diversidade non só nos fai medrar como profesionais, senón tamén como persoas.
Coidade con agarimo de vós e dos vosos.