O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ven de aprobar as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19.
Estos cheques de dixitalización chegan nun momento no que autónomos e PYMES, moi perxudicados pola pandemia, necesitan especial apoio para dixitalizar os seus negocios e introducirse pouco a pouco no universo dixital que, agora máis que nunca, é imprescindible.
Alguns detalles de esta axuda:
GASTO SUBVENCIONABLE
Equipos informáticos e equipamento electrónico.
Licenzas de software.
Dispositivos de conectividade
Servizos externos (Deseño web, fotografía de produto, publicitaria, etc)
A coantía da axuda será do 80% dos importes co límite máximo de 9600€ por empresa.
LÍMITE DE PRESENTACIÓN
O prazo máximo de presentación de está axuda será o 30 de setembro de 2021.
Coma sempre, recomendamos que revisedes a fonte orixinal da axuda para informarvos de todolos detalles e comprobar que cumprides todolos requerimentos.
Se necesitas máis información non dubides en contactar connosco e axudarémoste en todo o que esté ao noso alcance.s